Ataque Escampe – A grande evasión (2009)

Ataque Escampe - A grande evasión (2009)

CD

PREZO: 6 €

Todos os temas compostos por Ataque Escampe

Editado o 26 de maio de 2009

Gravouse nos estudios do edificio Avante (Santiago de Compostela) durante o mes de marzo e foi mesturado e masterizado en abril de 2009.

Gravación: Marcos Payno e Tomás Axeitos

Mesturas: Tomás Axeitos e Marcos Payno

Masterización: Chou

Fotografía: Alba Viñas

Deseño gráfico: Xosé Carlos Hidalgo

Participaron n`A grande evasión:

Álex Charlón: voz, coros
Marco Gelpi: guitarra eléctrica
Miguel Mosqueira: guitarras, baixo, coros, voz
Samuel Solleiro: banjo, guitarras, slide, xilófono e coros.
Roi Vidal: batería electrónica, kazoo, coros.
Francesc ‘Paq’ Esteve: acordeón.
Xoán Lois G. Carlín: piano, teclados e sintetizadores.

Coa colaboración especial de:

Luís Garrido: saxo alto en “No estómago dun crocodilo”
Roi do Forno: violín en “Europa e o ballet”
Manuel Paino: trompeta en “Non hai lúa”

Porque existe o mundo e pode ser de todas… Despois de Galicia es una mierda, Ataque Escampe emprende, neste seu segundo disco, a aventura de construír unha epopea: fuxir da prisión para regresar novamente a ela. Teñan o valor de deixarse levar e acompañar ao grupo nesta longa singradura polas melodías da evasión. De certo que acadarán os lugares máis xélidos e afastados, coñecerán as especies imposíbeis e verán solpores que nunca existirán. E perdan coidado polo seu posto de traballo estábel e remunerado, alí onde irán non o han necesitar. Leven, iso si, unha grande mala, pois estas historias son coma souvenirs: pequenas e baratas na súa extensión, mais enormes ao nos transportaren ao lugar máis inseguro, capitais a arder de ruído, continentes especiais, espaciais. E lembre, o seu camarote está nas orellas, pécheas se non quere que lle rouben algún obxecto valioso Ladies and gentlemen, tomen asento, pechen os ollos e vaian quentando os pés. Come fly with us.

A aventura pode comezar.