Activado o FAQ de Discos da máquina

Temos recibido moitos correos preguntándonos detalles sobre o noso proxecto, normalmente cousas nas que nin nós mesmos nos pararamos a pensar. E decidimos que o máis práctico sería facer unha desas seccións de preguntas e respostas con información de tipo práctico sobre Discos da máquina. Algún de nós dixo nunha reunión que había que facer un FAQ e puidemos mirar de esguello como o que tomaba acta anotaba que había que facer un “fuck”. Enfermos que estamos. Pero non, é un FAQ. Frecuently answered questions. Aínda que frecuently sexa moito dicir, de momento.