Category Archives: Uncategorized

Nova fichaxe de Discos da Máquina: Secho y los Invisibles

Seguimos engadindo novas bandas ao noso catálogo: tras Aspergillus de Coira chegan Secho y los Invisibles, unha conxunción de rock, pop, blues, pero sobre todo, moito sentimento. Son palabras, amor, desencontro, desconcerto, elegancia. O proxecto de Sergio Castiñeiras data de 2009 e en breve presentará neste noso selo o seu primeiro LP, Xa fai un […]

Grampoder: Tigerland e descanso

Grampoder despídense dos escenarios por unha tempada, con concertos en Santiago de Compostela (26 de marzo), Carballo (27 de marzo) e Betanzos (28 de marzo). Antes de marcharen déixannos Tigerland, un mini EP gravado o ano pasado que nunca chegara a editarse. É un traballo sen edición física, pero que podedes escoitar no seu bandcamp.

Presentación de Monstros da Máquina vol. 1

Finalmente, despois de varios atrasos, temos a alegría de contarvos que o primeiro disco compilatorio das bandas de Discos da Máquina, Monstros da Máquina vol. 1, un disco monográfico sobre os monstros da civilización, sae por fin esta semana, para que poidades agasallalo polo nadal e esas cousas. Iremos dando información sobre como é o […]

Os monstros da máquina (e 6)

Esperto. Non me podo mover. Non sei onde estou. Fai moita calor. Non  encontro a Mushka. Nin a Albina. Nin a Raspurin-tin-tin. Fai moita calor. Acórdome dos homes. Os homes son valentes cando non hai perigo. Son amigables cando queren algo. A carreira espacial. A  ver quen a ten máis grande. Fai moita calor. Pido axuda. […]