Entradas de la categoría 'Uncategorized'

Nova fichaxe de Discos da Máquina: Linho do Cuco

E presentamos máis bandas: a Aspergillus de Coira e Secho y los Invisibles súmanse nesta tanda de novidades Linho do Cuco, unha banda de vinte anos e tres discos que bebe do repertorio popular como inspiración para a nova música. Presentan connosco o seu cuarto traballo, o LP Viva Viva!

Nova fichaxe de Discos da Máquina: Secho y los Invisibles

Seguimos engadindo novas bandas ao noso catálogo: tras Aspergillus de Coira chegan Secho y los Invisibles, unha conxunción de rock, pop, blues, pero sobre todo, moito sentimento. Son palabras, amor, desencontro, desconcerto, elegancia. O proxecto de Sergio Castiñeiras data de 2009 e en breve presentará neste noso selo o seu primeiro LP, Xa fai un […]

Nova fichaxe de Discos da Máquina: Aspergillus de Coira

Tras un inverno de perfil baixo, Discos da Máquina dá a benvida á primavera con moitas novidades. Entre elas, varios grupos novos que se suman ao noso catálogo, o novo LP de Caxade ou o single de adianto do próximo de Ataque Escampe. A primeira incorporación é Aspergillus de Coira, banda que é fruto das […]

Grampoder: Tigerland e descanso

Grampoder despídense dos escenarios por unha tempada, con concertos en Santiago de Compostela (26 de marzo), Carballo (27 de marzo) e Betanzos (28 de marzo). Antes de marcharen déixannos Tigerland, un mini EP gravado o ano pasado que nunca chegara a editarse. É un traballo sen edición física, pero que podedes escoitar no seu bandcamp.

Presentación de Monstros da Máquina vol. 1

Finalmente, despois de varios atrasos, temos a alegría de contarvos que o primeiro disco compilatorio das bandas de Discos da Máquina, Monstros da Máquina vol. 1, un disco monográfico sobre os monstros da civilización, sae por fin esta semana, para que poidades agasallalo polo nadal e esas cousas. Iremos dando información sobre como é o […]

Os monstros da máquina (e 6)

Esperto. Non me podo mover. Non sei onde estou. Fai moita calor. Non  encontro a Mushka. Nin a Albina. Nin a Raspurin-tin-tin. Fai moita calor. Acórdome dos homes. Os homes son valentes cando non hai perigo. Son amigables cando queren algo. A carreira espacial. A  ver quen a ten máis grande. Fai moita calor. Pido axuda. […]