Category Archives: Uncategorized

Publicado O disco vermello de Ataque Escampe

Apareceu o venres pasado O disco vermello, cuarto LP de Ataque Escampe no que a banda reinventa o seu son cara a un dream pop con gusto polos ritmos negros, do soul ao rap pasando polo dub ou o disco. De momento pódese escoitar online en bandcamp ou descargar por 4 euros. Nas pŕoximas semanas […]

Os monstros da máquina (5)

No Partido da Montaña resisten os lobos. Acazapados. “Non é posíbel reinar de xeito inocente”, afirma un deles. O pasado ilumina o presente. Como un lóstrego. Apoloxía da guillotina. “Todos os membros da cidade son iguais e no intre en que deixan de selo a sociedade xa non existe”, explica Louis Antoine de Saint-Just, “porque […]

Os monstros da Máquina (4)

Monstruoso, fóra de categorías morais, é o extremadamente grande. Eva Perón encerra, como pouca outra xente, esa grandeza. Se fósemos de alá (e todos somos un pouco de alá), sería, tantos anos despois de morrer, a mánager das nosas vidas, para ben ou para mal, e non saberiamos explicar moi ben por que. Está no […]

Os monstros da Máquina (3)

Na estepa da miséria por crise intelectual, um novo perfil contemporâneo de monstro precede umha poeira, um holograma da metáfora perfecta dessa nuvem na que depositárom os sonhos que nos vendérom, e que nós comprámos a uns novos donos em régime privado e em exclusividade: o banqueiro vaqueiro busca o seu Botín. Emilio Botín é […]

“005, licencia para mutar (autorretrato de mutación esdrúxula)”, videoclip e primeiro adianto do novo disco de The Lost Omelette-makers

Xa podedes ver o videoclip de “005, licencia para mutar (autorretrato de mutación esdrúxula)”, adianto do segundo traballo (primeiro con Discos da Máquina) de The Lost Omelette-makers, da autoría do propio Daniel Santos. O disco A calor dun corpo estraño poderase escoitar o 21 de abril no bandcamp da banda, e aparecerá a versión física […]

Os monstros da Máquina (2)

Non todos os monstros decidiron selo. Non todos os monstros meten medo. Apostolos Mangouras de pequeno quería ser capitán,  pero o destino habíao levar por escuros e pegañentos  camiños, plagados de seres diabólicos capaces de truncar a vida dun humilde mariñeiro e convertila nun pesadelo interminábel. Solidariedade con Apostolos. Desexamos poder verte de novo sucar […]

Os monstros da Máquina (1)

Como nos contos de antes, na historia de Lance Armstrong hai moitas traizóns e unha moralexa. Traizóns as que el vía arredor, entre os que se rebelaban contra o seu “sistema”; as que el mesmo tramaba contra os compañeiros, a familia e a contorna; a das ratas que abandonaron o barco acusándoo de ser o […]

Discos da Máquina anuncia o EP temático Monstros da Máquina Vol. I

Monstros da Máquina Vol.I vai ser o título do primeiro EP temático que o selo edite, con cancións inéditas de todas as bandas que forman parte do proxecto. Será unha colección de sete temas baseados en personaxes tan diversos como Antoine de Saint-Just, a cadela Laika, Lance Armstrong ou Apostolos Mangouras, figuras que marcaron (ou […]

Máis discos para a máquina. 1º festival aniversario de Discos da máquina

13, 14 e 20 de decembro na Gentalha do Pichel (Compostela) ás 22.00 horas. Entrada para un día: 5€. Abono para as tres: 10€. Venres, 13 de decembro Das Kapital + The Lost Omelette-makers Sábado, 14 de decembro Grampoder + Ataque Escampe Venres, 20 de decembro Caxade + A Magnifique Bande Dos Homes Sen Medo […]

Discos da máquina e Caxade no Culturgal

Discos da máquina estará na Feira das Industrias Culturais (Culturgal) que se celebra no Pazo das Culturas do 29 de novembro até o 1 de decembro. A nosa presenza consistirá en dúas cousas: por unha banda, entre o sábado 30 e o domingo 1 poderedes facervos con todo o material das nosas bandas na tenda […]