Concerto-presentación de Discos da máquina

O próximo 22 de decembro presentamos oficialmente o proxecto Discos da máquina cun concerto na sala Capitol (Compostela) cos grupos do noso catálogo actual: DasKapital, a Magnifique Bande dos Homes sen Medo e Ataque Escampe. Estes últimos presentarán a primeira referencia (estritamente) do catálogo: o EP Noites de agosto con Ataque Escampe, que poderá adquirirse en formato físico (dous días antes da súa presentación online) a un prezo especial Apocalipse. Poden comprar as entradas n’A Reixa Tenda desde xa por 5 euros.