Discos da máquina e Caxade no Culturgal

culturgalDiscos da máquina estará na Feira das Industrias Culturais (Culturgal) que se celebra no Pazo das Culturas do 29 de novembro até o 1 de decembro. A nosa presenza consistirá en dúas cousas: por unha banda, entre o sábado 30 e o domingo 1 poderedes facervos con todo o material das nosas bandas na tenda oficial do Culturgal, incluídas as referencias que están a piques de esgotarse: o EP da Magnifique Bande dos Homes sen Medo e mais o Violentos anos dez e o Noites de agosto de Ataque Escampe.

Por outra banda, o sábado vaise presentar A dança dos moscas, último LP de Caxade. A presentación inclúe a proxección do seu novo videoclip, “Capadores de extraterrestres”, ás 13h30, e mais un concerto ás 18h00.