Grecia: o disco

Logo de Noites de agosto con Ataque Escampe, Grecia –cuxa gravación foi financiada colaborativamente- conforma a segunda referencia de Discos da Máquina. O disco en formato cedé véndese á dez euros nas tendas habituais de Da Máquina e pódese descargar en bandcamp. En datas vindeiras, o selo autoxestionado colocará nas rúas e nas redes o debut de Grampoder.