A Magnifique Bande dos Homes sen Medo


Non son unha charanga de feira. Non son unha brass band dun barrio baixo de Nova Orleáns. Tampouco unha big band de aires mestizos. Nin sequera unha banda municipal con repertorio substraído a Dizzy Gilliespie. Son todo iso centrifugado con bebop, funk, rocanrol, muiñeiras, jazz primitivo: A Magnifique Bande dos Homes sen Medo. Nada en 2007, esta unidade de músicos da rúa e para a rúa conforman un dos grupos máis internacionais de Galicia. Ao seu paso por palcos e certames do país, de España, de Euskal Herria ou de Francia, dispostos a un tempo á festa popular ou á seriedade do concurso de bandas, a indiscutíbel e homérica Magnifique sementa a xeografía de música bastarda e indomábel, divertida e estudada, elegante e de estirpe importante. Formada por tuba, fagot, bombo, caixa, guitarra, trompeta, trombón, saxo alto e saxo tenor, editaron en 2012 o seu primeiro disco –de título homónimo e con seis temas- e, non poucas veces, poñen ventos nos Tres Trebóns de Xurxo Souto.

Contacto: amagnifiquebande(a)gmail.com / 653225494

Bandcamp
Sitio web

Discografía

2012 A Magnifique Bande dos Homes sen Medo (EP)