Aspergillus de Coira

fotocinzas

En 2011 catro músicos do exército músico-galego que formaban parte de varios comandos (Ruxe-Ruxe, Medomedá, Drinkin’ Tinto, Liviao de Marrao, Biribirlocke, o musical Galicia Canibal…) foron coincidir nunha jam multitudinaria acontecida na carballeira de Francos (Teo). Non tardaron en decatarse de que lles apetecía ter un proxecto en común, que se formalizou ao ano seguinte, coa inclusión dun quinto elemento, mentres sobrevivían como músicos de fortuna. Así naceu Aspergillus de Coira, fruto das inquedanzas sonoras de cinco músicos galegos xa curtidos con moito que dicir.

Contacto: aspergillusdecoira(a)gmail.com / 618076532

Bandcamp
Youtube
Facebook

Discografía
2016 Éxodo (LP)
2013 Triloxía (EP)