Ataque Escampe

Ataque Escampe As Ataque Escampe escriben cancións con salsa agridoce. Producen músicas tristes para escenarios con cortina vermella, reverbs torturados e himnos á derrota, pero tamén rock’n'roll para desabrochar as camisas, soul hilarante e, por que non, ruído. Textos amargos que manchan as mans con algo que chamaremos optimismo e a estraña melancolía dun crooner extraterrestre. Arrástranse desde 2001 polos escenarios, electrificándose de a pouco conforme pasan os anos, mudando de formación e deixando constancia do seu paso pola Terra en formato disco: Galicia es una mierda (2008), A grande evasión (2009), Violentos anos dez (2011), Noites de agosto con Ataque Escampe (2012) ou O disco vermello (2014), entre outros. Do pop ao soul con paradas no krautrock, na cumbia, no dub, no rap, no calipso e onte vostedes queiran se non lles preocupan demasiado a pureza e esas cousas. Perdedores, perdedoras: deixen as miserias na casa e veñan bailar a súa música sen complexos ao campo da festa de α Centauro.

Contacto: ataqueescampe(a)gmail.com / 625789363

Bandcamp
Web

Discografía
2014 O disco vermello (LP)
2012 Noites de agosto con Ataque Escampe (EP)
2011 Violentos anos dez (LP)
2009 A grande evasión (LP)
2009 Galicia es una fiesta (EP-remix)
2008 Galicia es una mierda (LP)
2007 Ed Wood e a invasión dos paraugas asasinos (EP)