Secho y los Invisibles

secho-1

Secho y los Invisibles é unha conxunción de rock, pop, blues, pero sobre todo, moito sentimento. Son palabras, amor, desencontro, desconcerto, elegancia. O proxecto comeza a súa andaina no ano 2009 da man de Sergio Castiñeiras, principal artífice da banda. Na busca da continua mellora, despois de máis de sete anos de actividade en concertos por todo o país e de pasar por diferentes formatos, Secho y los Invisibles estabilízase na formación coa que sempre se sentiu máis cómodo: o cuarteto. Tras varias maquetas e aparicións en distintos discos compilatorios e de homenaxes a outros artistas, a banda plasma a súa madurez no disco Xa fai un tempo (2016).

Contacto: sechoylosinvisibles(a)gmail.com / 619855255 – 616588847

Bandcamp
Facebook
Web

Discografía
2016 Xa fai un tempo (LP)