Sub Rosa

sub rosa

Fuxir da electrónica para voltar a ela. A proposta de SUB ROSA atópase nos límites do xénero electrónico, e aposta polo eclecticismo e a mestura de xéneros tan dispares como a electrónica experimental (James Holden), o post-rock (Fuck Buttons, TSOWC) e a música electrónica de autor (Dan Deacon, Fever Ray). Cargados de instrumentos acústicos de pequena percusión tocados e procesados en vivo, xunto cunha batería interminábel de sintetizadores dixitais, caixas de ritmos e módulos de procesamento, SUB ROSA aposta por un directo cargado de experiencia sensorial, onde o espazo e os propios músicos están ocultos baixo o manto da vídeo-arte. A especial mestura de sons acústicos (vibráfonos, xilófonos, toms, harpa de boca) e electrónicos, crea unha atmósfera material que apela ao carácter físico da musicalidade: o choque da madeira batendo contra o metal, a resonancia das láminas e os toms, os ecos do espazo onde se toca. SUB ROSA ensaia con temáticas onde o imaxinario vence a nosa realidade material. Experimentación, mestura, colaboración: SUB ROSA é o resultado de xuntar dúas compositoras e artistas electrónicas, un percusionista e un deseñador na mesma habitación e deixarlles ser libres.

Contacto: subrosamusik(a)gmail.com / 663625610,  671969244

Bandcamp
Web
Soundcloud

Discografía

2014 Vagalú (LP)
2014 Akureyri (EP)