The Lost Omelette-makers

The Lost Omelette-makers, alter ego de Daniel Santos e calquera elemento suicida que o acompañe (baixo o nome de The Oil Losers).
The Lost Omelette-makers. Daniel Santos. A mente dunha lesbiana de eufóricas accións kamikazes no corpo dun heterosexual narcisista ciclo-éstático.
Un non-músico debuxante de cancións, escritor de empatía anacoreta afectado pola síndrome de Xesucristo.
Pop hermafrodita antediluviano, rock autista para dominar o mundo, country de frenopático, folk anarquista afeminado, baladas de desamor onírico, sintes melódicos do espazo interior.
Construtor de himnos apátridas. Destrutor de falsos ídolos profundo-sensiblistas. Fuxitivo da épica vacía. Defensor da cobiza de algo mellor, o amor polos vencidos, o desprezo polas louvanzas materiais.
A  felicidade da autorrealización luminaria. A palankinería cósmica absoluta. A droga púrpura de Deus.
Debutan en 2012 co LP Crisis de mediana identidad, que obtivo un pequeno éxito entre unha fiel parroquía de inadaptados sociais repletos das mesmas chagas interiores, e que logrou coarse no posto nº22 na lista dos mellores discos internacionais da revista/web sueca Blond Between the Legs Too.
The Lost Omelette-makers, a segunda mellor banda de Ajromarín tras os míticos The John Baptist’s Heads.
The Lost Omelette-makers é el.
The Lost Omelette-makers es ti.
The Lost Omelette-makers somos todos, no funeral do fin do mundo facendo coros.
Contacto: eldandysovietico(a)gmail.com / 638863856
Discografía

2015  The Lost Omelette-makers deséxanvos partir as Christmas (EP)
2014  Cómo conocí a vuestra puta madre (EP)
2014  A calor dun corpo estraño (LP)