Nova fichaxe de Discos da Máquina: Aspergillus de Coira

foto grupo grande


Tras un inverno de perfil baixo, Discos da Máquina dá a benvida á primavera con moitas novidades. Entre elas, varios grupos novos que se suman ao noso catálogo, o novo LP de Caxade ou o single de adianto do próximo de Ataque Escampe.


A primeira incorporación é Aspergillus de Coira, banda que é fruto das inquedanzas sonoras de cinco músicos galegos curtidos noutras bandas e que supón o primeiro contacto do noso selo co mundo do metal. Aspergillus presentarán nos próximos días o seu novo disco, Éxodo.