Nova fichaxe de Discos da Máquina: Secho y los Invisibles

secho-1
Seguimos engadindo novas bandas ao noso catálogo: tras Aspergillus de Coira chegan Secho y los Invisibles, unha conxunción de rock, pop, blues, pero sobre todo, moito sentimento. Son palabras, amor, desencontro, desconcerto, elegancia. O proxecto de Sergio Castiñeiras data de 2009 e en breve presentará neste noso selo o seu primeiro LP, Xa fai un tempo.

Nova fichaxe de Discos da Máquina: Aspergillus de Coira

foto grupo grande


Tras un inverno de perfil baixo, Discos da Máquina dá a benvida á primavera con moitas novidades. Entre elas, varios grupos novos que se suman ao noso catálogo, o novo LP de Caxade ou o single de adianto do próximo de Ataque Escampe.


A primeira incorporación é Aspergillus de Coira, banda que é fruto das inquedanzas sonoras de cinco músicos galegos curtidos noutras bandas e que supón o primeiro contacto do noso selo co mundo do metal. Aspergillus presentarán nos próximos días o seu novo disco, Éxodo.

Xa está aquí “A dança dos moscas ao vivo” de Caxade

Portada_Caxade_alta
“A dança dos moscas ao vivo” é un CD e un DVD no que Caxade leva ao directo os temas do seu recén esgotado primeiro LP, “A dança dos moscas”, con arranxos para banda filharmónica a cargo da Banda de Música da Bandeira. A gravación tivo lugar o 6 de decembro de 2014 en Pontevedra, e o disco aparece 364 días despois, na tarde do 5 de decembro de 2015. Accede a este disco no noso catálogo aquí.

Grampoder: Tigerland e descanso

a1004384394_10
Grampoder despídense dos escenarios por unha tempada, con concertos en Santiago de Compostela (26 de marzo), Carballo (27 de marzo) e Betanzos (28 de marzo). Antes de marcharen déixannos Tigerland, un mini EP gravado o ano pasado que nunca chegara a editarse. É un traballo sen edición física, pero que podedes escoitar no seu bandcamp.

Presentación de Monstros da Máquina vol. 1

mdm - copia - copia
Finalmente, despois de varios atrasos, temos a alegría de contarvos que o primeiro disco compilatorio das bandas de Discos da Máquina, Monstros da Máquina vol. 1, un disco monográfico sobre os monstros da civilización, sae por fin esta semana, para que poidades agasallalo polo nadal e esas cousas. Iremos dando información sobre como é o obxecto e como se pode conseguir. De momento, contámosvos que a presentación oficial é o sábado 13 de decembro na tenda Miranda – Cultura para levar de Compostela ás 13h, e incluirá mini-actuacións das bandas do selo.