Novos puntos de venda: Ferrol e Betanzos

Desde esta semana podedes por fin adquirir todos os produtos do noso catálogo en Ferrol, na libraría Limiar. E ademais, sen abandonarmos o Golfo Ártabro, comezamos a nosa implantación nalgunhas vilas máis pequenas. Primeira parada, Betanzos, na flamante libraría Carricanta.