Os monstros da Máquina (1)

Lance ArmstrongComo nos contos de antes, na historia de Lance Armstrong hai moitas traizóns e unha moralexa. Traizóns as que el vía arredor, entre os que se rebelaban contra o seu “sistema”; as que el mesmo tramaba contra os compañeiros, a familia e a contorna; a das ratas que abandonaron o barco acusándoo de ser o único culpábel; e, sobre todo, a que nos fixo a moitos descrer da épica e da historia gloriosa dunha actividade que era o centro das nosas vidas. E unha moralexa: cría corvos e levarante voando sobre as montañas máis altas só para despois deixarte caer ao abismo.

Lance Armstrong é o monstro escollido por Grampoder para o EP temático Monstros da Máquina vol. I que se editará a finais da primavera.