Os monstros da Máquina (2)

mangouras

Non todos os monstros decidiron selo. Non todos os monstros meten medo. Apostolos Mangouras de pequeno quería ser capitán,  pero o destino habíao levar por escuros e pegañentos  camiños, plagados de seres diabólicos capaces de truncar a vida dun humilde mariñeiro e convertila nun pesadelo interminábel. Solidariedade con Apostolos. Desexamos poder verte de novo sucar os mares en liberdade. Sen medo!

A Magnifique Bande dos Homes sen Medo escolleu a Apostolos Mangouras como monstro para incluír no EP temático Monstros da Máquina vol. I, de próxima edición.