Das Kapital – Grecia (2013)

grecia

CD

PREZO: 10 €

Editado o 9 de abril de 2013

Das Kapital son:

O Leo: voz
Daniel Salgado: sintetizadores
Doutor Chou: guitarra e taladro
David Ageitos: guitarra
Marcos Paino: sintetizadores e programación
Tomás Ageitos: son

Gravado e mesturado en febreiro de 2013 nos estudios A Ponte (Santiago de Compostela) por Tomás Ageitos e Marcos Paino.

Masterización: Doutor Chou

Todos os temas compostos por Das Kapital agás “Demoler” (Los Saicos)

Colaboracións:

Samuel Solleiro: violão e coros
Miguel Mosqueira: guitarra acústica e coros
Xoán Lois G. Carlín: melódica, banxo e coros
Álex Charlón: voz
Roi Vidal: castañolas

Usamos un amplificador de baixo ‘ampeg’ por cortesía de LeRoi (Grampoder)

Deseño gráfico: Xosé Carlos Hidalgo

Videos: Pablo Cayuela e Aless Alexander

Traducións ao inglés: Patricia A. Janeiro

Entre os monstros que produce o vello cando non dá caído e o novo que non dá nacido, no estado de excepción permanente, emerxe Grecia. O segundo disco de Das Kapital tatexa precario no corazón do ruído. Anda á procura dunha furia estratéxica e orgúllase da súa condición periférica. Oito cancións que asumen o erro como estratexia e o perigo da época como contexto serven para confrontar a fin do mundo tal e como o coñeciamos. Cun pé na electrónica de motor industrial e outro na violencia ambiental, Das Kapital revólvense contra o seu tempo e teiman: en Grecia entórnase o futuro, socialismo ou barbarie.