Ataque Escampe – Violentos anos dez (2011)

Ataque Escampe - Violentos anos dez (2011)

CD

PREZO: 6 €

Todos os temas compostos por Ataque Escampe agás “Festa malandrómica” (Hevi / Caldeirada)

Editado o 27 de abril de 2011

Violentos anos dez foi gravado, mesturado e masterizado por Arturo Vaquero e Jahel Piñeiro nos estudios Abrigueiro (Friol) do 7 ao 16 de marzo de 2011. Algúns instrumentos graváronse nas casas de Marcos Payno, Carlos Quintá, Mark Wiersma e Miguel Mosqueira.

Deseño gráfico: cherylsinner@gmail.com

Fotografía interior: Alba Viñas

Producido por Ataque Escampe / O longo adeus (Miguel Mosqueira e Samuel Solleiro)

Ataque Escampe son:

Roi Vidal – Batería, kazoo, coros
Xoán Lois G. Carlín – Baixo eléctrico, contrabaixo, piano, teclados, maracas, coros
Samuel Solleiro – Banxo, guitarras, harmónicas, slide, xilófono, pandeireta, coros
Álex Charlón – Voz, coros
Miguel Mosqueira – Guitarras, voz, coros

Coa colaboración especial de: Pandeireteiras Bouba (pandeiretas en “Spiritual 2019”), Carlos Quintá (xoguetes en “Once Upon a Time: a Terra Cha”), Manuel Paino (arranxos de vento, trompeta en “Pel de serpe” e “Spiritual 2019”), Marcos Paino (saxo barítono en “Pel de serpe”), Martiño Domínguez (saxo tenor en “Pel de serpe” e “Segunda división”), Marco Gelpi (berimbau en “Once Upon a Time: a Terra Cha” e “Pel de serpe”) e Francesc ‘Paq’ Esteve (acordeón en “Festa malandrómica”).

O mundo arderá. Verémolo arder. É o momento de parar o xogo de forzas centrípetas (Galicia es una mierda) e centrífugas (A grande evasión) e debuxar algunhas outras constelacións. É o momento no que o ambiente que nos envolve é tan abafante que nos sentimos, curiosamente, máis despreocupadas e serenas que nunca. Os anos dez traen a cara engurrada dos policías xubilados. Tanto nos ten: nunca seremos policías e nunca estaremos xubiladas. Facemos cancións porque non temos emprego. Non queremos dicir, porque se trata case dun tópico, que o ritmo do baile son os latexos de milleiros de pequenos corazóns subalternos. Mais ímolo dicir: o ritmo do baile son os latexos de milleiros de pequenos corazóns subalternos. Desta vez si, ficamos na periferia. O Haití é aquí. Os negros aforcados balánzanse entre os eucaliptos. Doce fogar, Alabama. Pasaremos a bailar as noites no ghetto, e será importante. Estamos por todas as partes e somos invisíbeis desde os avións.