Das Kapital – Ruído negro (2011)

DasKapital - Ruído negro (2011)

VINILO

PREZO: 10 €

Editado o 7 de xaneiro de 2011

DasKapital son:

Daniel Salgado: Adat e Kaossilator
O Leo: Voz
Marcos Paino: Sintetizadores
Tomás Ageitos: percusións e son en directo
Doutor Chou: Guitarra
Davide Ageitos: Guitarra

Coa colaboración especial de: Manu Paino (trompeta), Alex Salgueiro (sintetizadores), Gonzalo Vilas (acordeón).

Ruído negro foi ideado, gravado e mesturado por DasKapital no Palacio de Inverno (Santiago de Compostela) e estudios Amil (A Coruña) e masterizado por Bonjan nos estudios Bonjan (A Coruña) entre abril e maio de 2011.

Deseño gráfico: Xosé Carlos Hidalgo

Producido por DasKapital

Traducións ao inglés: Patricia Janeiro

DasKapital refuga o estado de cousas. Opón ruído negro á dominación consentida e contra o pop consensual ofrece un discurso en chamas, ferido.

Programme, Bobby Seale, Einstürzende Neubauten, Heiner Müller, Stereolab, Atari Teenage Riot, Os Resentidos, Walter Benjamin, Nine Inch Nails, Lois Pereiro,

presentes!

A situación é delicada. O son dos disturbios produce disturbios.

DasKapital naceu en maio de 2010 nun concerto de homenaxe a Radio Océano. Cun funcionamento descentralizado, aberto pero militante, Marcos Paino encárgase dos sintetizadores, O Leo da voz, Tomas Ageitos das percusións e o son en directo, Doutor Chou e David Ageitos introducen as guitarras e Daniel Salgado o Adat e o Kaossilator.

DasKapital edita en 2011 o seu primeiro disco, Ruído negro, e chama a decidir se queremos facer parte do problema ou queremos facer parte da solución.

Socialismo ou barbarie.