Grampoder – Golf Whiskey (2013)

Grampoder - Golf Whiskey

CD

PREZO: 11 €

Editado o 4 de maio de 2013

Grampoder son Martin Wu e leRoi

Golf Whiskey foi gravado e mesturado por Tomás Ageitos nos estudios A Ponte (Santiago DC) en febreiro de 2013.
Masterizado por Dr. Chou.
Composto e producido por Grampoder para Discos da Máquina.

Programación e bases en “Champagne”, “Helsinki” e “Minas de Auga” por Marcos Paino

Deseño: Logoferoz
Fotos: aiGi boGa

Golf Whiskey, o sinal náutico para indicar que un integrante da tripulación caeu á auga e solicitar axuda para rescatalo, é o nome do primeiro disco de Grampoder, unha banda de rock portátil formada por Martin Wu e Le Roi. O traballo reúne doce cancións que mesturan pop, rock psicodélico, folk campestre, ecos de cinta e rabia punk.