Tag Archives: catálogo

Grampoder: Tigerland e descanso

Grampoder despídense dos escenarios por unha tempada, con concertos en Santiago de Compostela (26 de marzo), Carballo (27 de marzo) e Betanzos (28 de marzo). Antes de marcharen déixannos Tigerland, un mini EP gravado o ano pasado que nunca chegara a editarse. É un traballo sen edición física, pero que podedes escoitar no seu bandcamp.

Grecia: o disco

Logo de Noites de agosto con Ataque Escampe, Grecia –cuxa gravación foi financiada colaborativamente- conforma a segunda referencia de Discos da Máquina. O disco en formato cedé véndese á dez euros nas tendas habituais de Da Máquina e pódese descargar en bandcamp. En datas vindeiras, o selo autoxestionado colocará nas rúas e nas redes o […]

Adianto de Noites de agosto con Ataque Escampe

Acabamos de publicar un single a modo de adianto da que será oficialmente a primeira referencia do selo: o EP Noites de agosto con Ataque Escampe. Poden escoitar aquí mesmo o tema “Vista Alegre Social Club (vol. 1)”, pero recomendamos vivamente que o fagan online de momento, pois se o descarregan corremos (corren!) o risco […]