Entradas correspondientes a la etiqueta 'daskapital'

Os monstros da máquina (5)

No Partido da Montaña resisten os lobos. Acazapados. “Non é posíbel reinar de xeito inocente”, afirma un deles. O pasado ilumina o presente. Como un lóstrego. Apoloxía da guillotina. “Todos os membros da cidade son iguais e no intre en que deixan de selo a sociedade xa non existe”, explica Louis Antoine de Saint-Just, “porque […]

Grecia: o disco

Logo de Noites de agosto con Ataque Escampe, Grecia –cuxa gravación foi financiada colaborativamente- conforma a segunda referencia de Discos da Máquina. O disco en formato cedé véndese á dez euros nas tendas habituais de Da Máquina e pódese descargar en bandcamp. En datas vindeiras, o selo autoxestionado colocará nas rúas e nas redes o […]

Comeza a campaña de crowdfunding para o novo disco de Das Kapital, Grecia, previsto para finais de febreiro

A situación continúa a ser delicada. O capitalismo entrou nunha fase de aceleración brutal e as clases subalternas sofren en carne propia as relacións de explotación emanadas deste modo de produción. A destrución ábrese paso. Das Kapital repite o seu chamado a decidir entre socialismo e barbarie, entre o ruído negro e a violencia estrutural, […]