Tag Archives: monstros da máquina

Os monstros da máquina (e 6)

Esperto. Non me podo mover. Non sei onde estou. Fai moita calor. Non  encontro a Mushka. Nin a Albina. Nin a Raspurin-tin-tin. Fai moita calor. Acórdome dos homes. Os homes son valentes cando non hai perigo. Son amigables cando queren algo. A carreira espacial. A  ver quen a ten máis grande. Fai moita calor. Pido axuda. […]

Os monstros da máquina (5)

No Partido da Montaña resisten os lobos. Acazapados. “Non é posíbel reinar de xeito inocente”, afirma un deles. O pasado ilumina o presente. Como un lóstrego. Apoloxía da guillotina. “Todos os membros da cidade son iguais e no intre en que deixan de selo a sociedade xa non existe”, explica Louis Antoine de Saint-Just, “porque […]

Os monstros da Máquina (4)

Monstruoso, fóra de categorías morais, é o extremadamente grande. Eva Perón encerra, como pouca outra xente, esa grandeza. Se fósemos de alá (e todos somos un pouco de alá), sería, tantos anos despois de morrer, a mánager das nosas vidas, para ben ou para mal, e non saberiamos explicar moi ben por que. Está no […]

Os monstros da Máquina (3)

Na estepa da miséria por crise intelectual, um novo perfil contemporâneo de monstro precede umha poeira, um holograma da metáfora perfecta dessa nuvem na que depositárom os sonhos que nos vendérom, e que nós comprámos a uns novos donos em régime privado e em exclusividade: o banqueiro vaqueiro busca o seu Botín. Emilio Botín é […]

Os monstros da Máquina (2)

Non todos os monstros decidiron selo. Non todos os monstros meten medo. Apostolos Mangouras de pequeno quería ser capitán,  pero o destino habíao levar por escuros e pegañentos  camiños, plagados de seres diabólicos capaces de truncar a vida dun humilde mariñeiro e convertila nun pesadelo interminábel. Solidariedade con Apostolos. Desexamos poder verte de novo sucar […]

Os monstros da Máquina (1)

Como nos contos de antes, na historia de Lance Armstrong hai moitas traizóns e unha moralexa. Traizóns as que el vía arredor, entre os que se rebelaban contra o seu “sistema”; as que el mesmo tramaba contra os compañeiros, a familia e a contorna; a das ratas que abandonaron o barco acusándoo de ser o […]