Pedidos

COMO FACER UN PEDIDO POR CORREO

1. Envíanos un correo a pedidos.discosdamaquina(a)gmail.com no que se especifique que produtos queres. Indica o teu nome completo, enderezo e teléfono.

2. Na resposta ao teu correo indicarémosche un número de conta bancaria na que deberás facer o ingreso correspondente ao teu pedido, ao que debes sumar 2 euros en calidade de gastos de envío. Unha vez feito o ingreso, recibirás o pedido na túa casa.

3. O anterior é o proceso máis doado para evitar dar cartos a terceiros, que normalmente non os merecen. Se non te fías de nós, non temos inconveniente en facer o envío primeiro e darche o número de conta unha vez que recibas o pedido. Nós fiámonos de ti.