Xa á venda as entradas para o concerto de presentación de Discos da máquina

Xa están á venda desde onte as entradas anticipadas do concerto presentación de Discos da máquina na sala Capitol. Podédelas conseguir n’A Reixa tenda (praza de Mazarelos) e en Discos Miranda (rúa Tras Salomé). O día 22 tamén as teremos á venda na taquilla da Capitol, e o prezo será o mesmo (5 euros). Se así e todo queredes reservalas, podedes darnos o voso nome completo e DNI en discosdamaquina(a)discosdamaquina.com.

IMPORTANTE: o concerto vai comezar PUNTUALMENTE ás 21.30.

Noutra orde de cousas, ligamos tamén a entrevista que no Diario Cultural da RG lles fixeron a Daniel Salgado (DasKapital) e Samuel Solleiro (Ataque Escampe) sobre o proxecto.